Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
REMATADOS OS CURSOS DE INFORMÁTICA
Mércores, 21 Marzo 2012 14:05

informaticaagrariacurso

Acaba de rematar o Curso de Informática aplicada a explotacións agrarias que se estaba a levar a cabo na Aula de Informática do Concello. Os veciños e veciñas aprenderon a aplicar as novas tecnoloxías para mellorar a xestión das súas explotacións e consecuentemente a súa competitividade no mercado do sector primaria. Anteriormente a este curso realizouse outro sobre informática básica, no que se tivo en conta o nivel de coñecementos individual de cada alumno/a.

 
A Xunta inviste 36.000 € en facer o proxecto do centro de día
Martes, 31 Xaneiro 2012 13:53

centrodiafrades

A Consellería de Traballo e Benestar ten consignados 36.000 euros nos seus orzamentos para a redacción do proxecto de construción dun centro de día en Frades, que terá 800 metros cadrados de superficie e dará servizo a 40 familias. Así llo confirmou a conselleira Beatriz Mato ao alcalde de Frades, Miguel Prado, nunha reunión mantida o luns 30 de xaneiro na sede da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña.

 

Ler máis...
 
ACTUACIÓN DO MAGO CAYETANO LLEDÓ
Luns, 19 Decembro 2011 09:52

Pinche na foto para ver pantalla completa.

O xoves dIa 15 de decembre, tivo lugar no C.P.I. da Ponte Carreira, ás 12:15 horas, a actuación do Gran Mago CAYETANO LLEDÓ, organizada por o Concello de Frades. O número de maxia tivo unha duración de unha hora mais ou menos, donde tanto os nenos como los maiores, desfrutaron de grandes trucos de maxia, e incluso participaron en algún.

A actuación foi un gran éxito.

 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Mércores, 30 Novembro 2011 12:04

Pinche na foto para ver pantalla completa.

O venres día 25 de novembro tivo lugar no Multiusos municipal de Frades, unha charla informativa sobre a Violencia de Xénero, así como a presentación do C.I.M., Centro de Información a Muller, un servizo que recentemente foi mancomunado.

En esta charla explicaronse os diferentes servizos que este centro ofrece, como información xurídica, atención picolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres.

Tras esta charla, tivo lugar outra impartida por o persoal  da Guardia Civil, na cal se informou sobre a prevención de ameazas para a seguridade dos maiores (timos, estafas, roubos,...).

 
« InicioAnterior161162163164165166167168169170SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL