Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
INTERNET VIA SATELITE
Venres, 09 Setembro 2011 12:19

Comunícase a todos os veciños de Frades que actualmente non teñan cobertura de Internet, ou queiran mellor a actual, a posibilidade de realizar a conexión a través de Vía Satélite.

Para solicitar información sobre a velocidade e contratos poderán poñerse en contacto no número do concello, para resolver calquer duda que poida surxir, así como precios e tarifas.

Esta previsto organizar unha charla informativa se os veciños así o requiren.

 
ENTREVISTA CO SECRETARIO DE DEPORTE
Venres, 09 Setembro 2011 12:03

entrevista

O día 6 de setembro entrevistouse o alcalde de Frades Jesús Miguel Prado Patiño co secretario de deporte da Xunta de Galicia Don José Manuel Lete para demandarlle propostas para  futuras inversións en instalación deportivas no concello de Frades.

 
FIRMA DE CONVENIO COAS ASOCIACIÓNS
Venres, 09 Setembro 2011 11:16

firmaconvenio2

 O alcalde de Frades Jesús Miguel Prado Patiño, firma un convenio de colaboración cos membros das asociacións fradenses para facer efectiva a súa concesión das axudas, destinadas a contribuir a financiación das actividades lúdicas, culturales e deportivas realizadas durante o ano en curso.

O total das axudas ascende a 9.800 euros a repartir entre once colectivos sen ánimo de lucro.

 
REMATAN OS DÍA DE PRAIA
Venres, 26 Agosto 2011 09:38

DSC00660.JPGplaya                                                                                 

Os veciños de Frades, acompañados por o seu alcalde Jesús Miguel Prado Patiño, despediron as saídas a praia donde o mal tempo non foi impedimento a diversión en Boiro. A chegada, moitos foron os que disfrutaron dun baño nas augas da praia da Barraña. Con motivo da última saída, organizouse un xantar nun asador da zona, donde poideron disfrutar dunha excelente sobremesa e unha tarde de compras e xogos.  Pinche no título para ver mais.

Ler máis...
 
« InicioAnterior161162163164165166167168169170SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL