Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Frades nomea fillo predilecto a José María Botana López
Sábado, 05 Marzo 2011 14:15

inauguracionMáis de cincocentos veciños e veciñas de Frades arrouparon a José María Botana López (Cimadevila. Frades. 1933) no seu nomeamento como Fillo Predilecto do Concello de Frades e no acto que lle deu o seu nome ao edificio multiusos do municipio. Un acto que contaron coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e do alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño.

Ler máis...
 
Os veciños de Añá contan cun mellorado centro de ocio
Xoves, 24 Febreiro 2011 18:18

centrosocialanaO alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, inaugurou o renovado centro de ocio da parroquia de Añá, un acto ao que asistiron máis de medio centenar de veciños desta parroquia. Un local situado a carón da praza da Igrexa de Añá, nun inmoble que albergaba unha antiga reitoral que, grazas a un convenio entre a Igrexa e o Concello de Frades, foi cedida para ser utilizada polos veciños e veciñas da parroquia como local social.

 

Ler máis...
 
15 veciños participan nun curso de informática aplicada a explotacións agrarias
Xoves, 17 Febreiro 2011 19:38

informaticaagrariaUn total de 15 veciños e veciñas de Frades participan dende a noite de onte nun curso de informática aplicada a explotacións agrarias organizado polo Concello de Frades. Facendo honor á súa denominación como “concello gandeiro”, Frades convocou un curso dirixido a achegar o mundo das novas tecnoloxías ás explotacións gandeiras e agrarias do municipio.

 

Ler máis...
 
38 veciños participan na primeira quenda de visitas ao balneario de Brión
Xoves, 17 Febreiro 2011 19:19

balneariobrionUn total de 38 veciños de Frades participan na primeira quenda de saídas ao Hotel Balneario Compostela, situado no municipio de Brión, dentro das xornadas dedicadas á saúde organizadas polo Concello de Frades e que teñen lugar todos os xoves dos meses de febreiro e marzo. Esta exitosa cifra de participación consolida unha iniciativa que xa vai polo seu terceiro ano consecutivo de celebración, xa que nas anteriores edicións participaron unha media de oitenta persoas no conxunto das dúas quendas.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior161162163164165166167168169170SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL