Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Sesenta veciños e veciñas participan no XIV campionato municipal de pesca infantil do Concello de Frades
Martes, 11 Xullo 2017 18:57

CampionatoPescaFrades2017webA decimocuarta edición do Campionato Municipal de Pesca Infantil, organizado polo Concello de Frades, refrendou o récord de participación acadado o ano pasado e reuniu na área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) a case sesenta veciños e veciñas. De entre eles, un total de 33 nenos e nenas menores de 16 anos tomaron parte no torneo, duplicando así a participación rexistrada en edicións anteriores. Máis fotos no noso Facebook.

Ler máis...
 
Preto de 600 veciños e veciñas participaron na festa do Día do/a Neno/a de Frades, con inchables, tren turístico, xogos, rock e festa da escuma
Luns, 10 Xullo 2017 00:00

FestaNenoEscumawebPreto de seiscentos veciños e veciñas participaron no Día do/a Neno/a, organizado polo Concello de Frades e que tivo lugar na piscina municipal de Papucín na tarde do sábado. O tempo acompañou durante toda a tarde, o que animou a moitas familias a achegárense ata a piscina municipal. Máis fotos no noso Facebook.

Ler máis...
 
O Concello de Frades é o primeiro municipio de Galicia que se adhire ao convenio da Fegamp para a contratación de aparelladores/as en prácticas
Mércores, 05 Xullo 2017 00:00

conveniofegampwebO presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez e o presidente do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, Roberto Medín Guyatt, realizaban esta mañá o acto de firma de adhesión do concello de Frades como primeiro en adherirse ao convenio de colaboración entre a Fegamp e o Consello Galego. que. O acordo permite o ofrecemento de bolsas de prácticas nos concellos e deputacións de Galicia e posibilita que as entidades que o desexen oferten unha praza de formación, que será cuberta con aparelladores/as que se atopen en situación de desemprego.

 

Ler máis...
 
O Concello de Frades leva rozados máis de 300 km de estradas nos 2 últimos meses
Xoves, 06 Xullo 2017 00:00

rozafrades2017webO Concello de Frades vén de rematar a primeira fase dos traballos de roza dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal. Os traballos comezaron a realizarse o pasado 1 de maio con dous tractores a xornada completa que, a día de hoxe, xa levan rozado máis de 300 quilómetros de estradas, de xeito que todas as pistas asfaltadas xa están rozadas.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL