Versión en castellano
Inicio Novas 8M Día Internacional da Muller. O Concello de Frades #PoloBoTrato
8M Día Internacional da Muller. O Concello de Frades #PoloBoTrato
Xoves, 08 Marzo 2018 15:18

cartelfrades8mwebDía 8 de Marzo, día Internacional da Muller. Dende o Concello de Frades queremos tamén amosar o noso compromiso coa non discriminación por razón de xénero e o noso apoio na loita contra a violencia exercida cara as mulleres. Non queremos tampouco esquecernos de tantas mulleres que loitaron por acadar logros importantes como o dereito feminino ao voto, a incorporación da muller ao traballo, a igualdade de oportunidades no eido educativo ou os dereitos laborais, entre outras batallas que se teñen librado en torno aos dereitos das mulleres.


Desde o Concello de Frades cremos que a proximidade das administracións locais á cidadanía é un factor clave que temos que ter en conta, e defendemos, que a igualdade comeza no noso propio concello. Por isto nos comprometemos co decálogo #PoloBoTrato, que dende a Fegamp teñen realizado en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que recolle os valores que deben estar presentes no día a día municipal e que axudarán a promover actitudes a prol da igualdade entre mulleres e homes:

 

  1. Empregamos linguaxe libre de connotacións sexistas
  2. Integramos a perspectiva de xénero nas nosas decisións
  3. Difundimos unha imaxe non sexista da muller
  4. Traballamos entre a poboación máis nova a prevención da violencia machista e os valores de igualdade e respecto
  5. Fomentamos a corresponsabilidade nas tarefas e a ética no coidado, tanto de menores como de persoas dependentes
  6. Identificamos e emendamos as deficiencias que atopemos a nivel municipal na loita contra a violencia cara ás mulleres
  7. Respectamos a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a igualdade de oportunidades no cadro de persoal
  8. Promovemos unha representación equilibrada de mulleres e homes en tribunais, xurados, comités e comisións
  9. Rexeitamos a contratación de actividades nas que se promova unha imaxe sexista da muller
  10. Prestamos especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade

 

Desde o Concello de Frades comprometémonos con este decálogo da Federación Galega de Municipios e Provincias e ratificamos o noso compromiso coa igualdade desde os concellos, deputacións e entidades menores de Galicia.