Versión en castellano
Inicio Novas Trinta veciños e veciñas participaron no Mes da Saúde do Concello de Frades, con 4 saídas ao Hotel Balneario Compostela
Trinta veciños e veciñas participaron no Mes da Saúde do Concello de Frades, con 4 saídas ao Hotel Balneario Compostela
Luns, 02 Abril 2018 17:42

MaioresSaudewebUn total de 30 veciños e veciñas participaron no programa “Mes da saúde”, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que incluíu catro xornadas nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión). Todos os martes de marzo, os veciños e veciñas desprazáronse a Brión nun autobús que os foi recollendo polas distintas parroquias e que foi posto á súa disposición polo Concello de Frades, que subvencionou o 70% do custo da iniciativa.

 

Unha vez no balneario do Tremo, as persoas participantes desfrutaron dun circuíto termal que incluíu piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes. Unha rutina que se repetiu durante os catro martes deste mes de marzo, nos que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez.