Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra as Letras Galegas con dous concertos musicais para o alumnado do CPI Ponte Carreira
O Concello de Frades celebra as Letras Galegas con dous concertos musicais para o alumnado do CPI Ponte Carreira
Martes, 15 Maio 2018 00:00

O Concello de Frades conmemora as Letras Galegas programando dous concertos musicais para alumnado do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira. A programación organizada polo Concello inclúe unha actuación de ‘Pakolas’ o 21 de maio e outra de ‘O son que me arroupa’ o 1 de xuño.

 

En canto ao concerto de ‘Pakolas’, personaxe do autor e compositor Paco Cerdeira, ofrecerá música infantil en galego, con rock e outros estilos. Será nas instalacións do propio centro o día 21 a partir das 11:00 horas.

 

A actuación ‘O son que me arrola’ está pensada para nenos e nenas de preescolar e educación infantil. É un concerto didáctico preparado desde a Asociación Antonio Gandoy, no que se mestura teatro con cancións para ir explicando as partes do traxe tradicional galego. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio, o 1 de xuño a partir das 11:00 horas.