Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades asisten a un curso para aprender a manexar as súas tabletas e smartphones
Veciños e veciñas de Frades asisten a un curso para aprender a manexar as súas tabletas e smartphones
Venres, 27 Abril 2018 00:00

Unha vintena de veciñas e veciños de Frades veñen de iniciar o curso “Manexo e uso de tabletas e smartphones”, organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Un curso de trinta horas de duración que se está a desenvolver no edificio multiúsos de Frades ata o vindeiro 19 de xuño.


Un curso totalmente gratuíto e no que, ao tratarse dun grupo reducido, cada quen pode recibir unha atención personalizada. Así, nestas tres primeiras sesións o alumnado aprendeu as características e o funcionamento básico dos seus dispositivos, para pasar despois a interesarse por como descargar e manexar as distintas aplicacións dispoñibles segundo os seus intereses: WhatsApp, Facebook, Twitter...

 

As próximas sesións terán lugar os días 8, 15, 22 e 29 de maio; e 5, 12 e 19 de xuño, en horario de 16:00 a 19:00 horas. Este é o terceiro curso que o Concello de Frades organiza este ano en colaboración coa ONG Mestura, despois dos cursos “Control do estrés e ansiedade”, que xa tivo lugar, e “Filigrana e complementos decorativos do fogar”, que se está a desenvolver nestes momentos.