Versión en castellano
Inicio Novas Os Concellos de Frades e Mesía organizaron conxuntamente un curso de aplicación / manipulación de produtos fitosanitarios
Os Concellos de Frades e Mesía organizaron conxuntamente un curso de aplicación / manipulación de produtos fitosanitarios
Xoves, 31 Maio 2018 00:00

Fitosanitarios2018webOs Concellos de Frades e Mesía organizaron conxuntamente un curso de aplicación/manipulación de produtos fitosanitarios, que se desenvolveu en sesións de fin de semana, de 9:00 a 14:00 horas, na casa da cultura de Mesía e no multiúsos de Frades. Un curso formativo impartido por Recursos Galicia e ao que asistiron 25 veciños e veciñas de ambos os municipios.


Un curso homologado pola Consellería do Medio Rural e que capacitou ao alumnado a obter o carné de aplicación de fitosanitarios, que dende novembro de 2015 é obrigatorio para poder adquirir, vender, manipular ou aplicar produtos fitosanitarios. Este é o terceiro curso de aplicación de fitosanitarios que ten lugar en Frades, se ben os dous anteriores foran organizados unicamente polo Concello de Frades e neles participaran un total de 59 veciños e veciñas.