Versión en castellano
Inicio Novas Preto de trescentas persoas participaron na I Foliada Airiños Galegos, que tivo lugar no campo da festa de Galegos (Frades)
Preto de trescentas persoas participaron na I Foliada Airiños Galegos, que tivo lugar no campo da festa de Galegos (Frades)
Xoves, 31 Maio 2018 00:00

FoliadaGalegoswebPreto de 300 persoas participaron este domingo na primeira Foliada Airiños Galegos, organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos en colaboración co Concello de Frades e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. O campo da feira desta parroquia fradense acolleu unha gran churrascada previa á actuación de seis agrupacións folclóricas da comarca: Sarillo (Aiazo, Frades), Pinga de Troula (Galegos, Frades), Pandeireteiras de Marantes (Santiago), asociación cultural Camiño Real (Poulo, Ordes), asociación cultural de veciños de Leira (Ordes) e escola de música e baile tradicional de Mesía.


Dende a asociación explican que “comezamos coa idea desta foliada no mes de marzo e tivemos momentos de medo e dubidar se facela ou non, xa que non sabiamos a acollida que tería. E, para a nosa sorpresa, tivo unha acollida impresionante xa que 280 persoas quixeron acompañarnos”.