Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla na que aprenderon medidas de aforro na factura da luz
Veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla na que aprenderon medidas de aforro na factura da luz
Martes, 12 Xuño 2018 00:00

CharlaFacturaLuzwebUnha vintena de veciñas e veciños de Frades asistiron á charla informativa “Interpretar a factura da luz”, organizada polo Concello de Frades e a ONG Mestura e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Unha charla gratuíta que tivo lugar no multiúsos de Frades impartida por Alexia Peteiro Mata, da Fundación Gas Natural Fenosa, e introducida polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro.


Durante hora e media, os veciños e veciñas de Frades recibiron información sobre eficiencia enerxética e optimización de facturas, que puideron aplicar sobre as súas propias facturas. Así, Alexia Peteiro explicou posibles medidas de aforro enerxético e respondeu as dúbidas formuladas pola veciñanza sobre as súas respectivas facturas.

 

Este é o cuarto curso que o Concello de Frades organiza este ano en colaboración coa ONG Mestura, despois dos cursos “Manexo de tabletas e móbiles”, “Control do estrés e a ansiedade” e “Filigrana e complementos decorativos do fogar”. Todos eles foron de participación gratuíta, xa que foron financiados  pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.