Versión en castellano
Inicio Novas A Mancomunidade de Ordes abre o prazo de inscrición para participar no programa Galeuropa de mobilidade xuvenil
A Mancomunidade de Ordes abre o prazo de inscrición para participar no programa Galeuropa de mobilidade xuvenil
Luns, 23 Xullo 2018 11:53

cartelprogramagaleuropaA Mancomunidade de Ordes vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2018. Nesta edición ofértanse un total de 20 prazas para tres países. Máis concretamente, 5 prazas para Holanda, outras tantas para Itali e 10 para Reino Unido.

 

Para poder participar neste programa, as persoas interesadas deberán ter máis de 18 anos. É imprescindible estar inscrito/a como beneficiario/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. As inscricións deberán realizarse antes do 3 de agosto na propia Mancomunidade de Ordes. Para máis información, pódese chamar aos teléfonos 981 687 679 ou 607 642 863 ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

O programa Galeuropa ofrece prácticas non remuneradas en empresas de países europeos en diversos sectores. As estancias serán de 2 meses e 17 días. Os gastos están cubertos ao 100% (viaxe, aloxamento e manutención). Entre as solicitantes, terán preferencia aquelas persoas empadroadas nos municipios da Mancomunidade de Ordes.