Versión en castellano
Inicio Novas Xornada de portas abertas en Cerámica Verea
Xornada de portas abertas en Cerámica Verea
Venres, 10 Agosto 2018 08:37
A empresa Cerámica Verea convida a todos os veciños e veciñas de Frades a unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, que terá lugar o vindeiro 15 de setembro. As prazas son limitadas. A partir da vindeira semana xa se poden reservar por teléfono (981 687 053) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ).
Os horarios de visitas son pola mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e pola tarde (de 16:00 a 18:30 horas). Comezan cada quince minutos e en total cada visita dura uns 50 minutos. Esta iniciativa permite coñecer o proceso de produción dunha das empresas máis significativas da comarca, que nos últimos anos deu grandes pasos na súa internacionalización e exporta xa máis da metade das tellas que produce.

xornadaportasabertasA empresa Cerámica Verea convida a todos os veciños e veciñas de Frades a unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, que terá lugar o vindeiro 15 de setembro. As prazas son limitadas. A partir da vindeira semana xa se poden reservar por teléfono (981 687 053) ou mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo