Versión en castellano
Inicio Novas A XXI Ruta de Sendeirismo de Os Pasos de Aiazo reuniu a un cento de participantes
A XXI Ruta de Sendeirismo de Os Pasos de Aiazo reuniu a un cento de participantes
Martes, 14 Agosto 2018 11:10

SendeirismoAiazoPreto de cen persoas de todas as idades participaron esta fin de semana na XXI Ruta de Sendeirismo de Os Pasos de Aiazo, unha iniciativa gratuíta organizada pola asociación de veciños Os Pasos en colaboración co Concello de Frades. Unha andaina matutina que este ano partiu do local social de Aiazo e pasou pola capela de San Roque de Moar, a Casa do Concello de Frades, a ponte Lagas en Reirís, o muíño das Mestas (Aiazo) e rematou na área recreativa dos Pasos de Aiazo.


Xa pola tarde, a área recreativa acolleu un xantar para os participantes a base de churrasco que estivo amenizado coa maxia de Pedro Bugarín e xogos e inchables para os máis cativos. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, participaron un ano máis na ruta.