Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan unha charla gratuíta sobre alzhéimer
O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan unha charla gratuíta sobre alzhéimer
Venres, 07 Setembro 2018 14:12

cartel-alzheimer-20s18O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan unha charla sobre alzhéimer, que terá lugar o próximo xoves 20 de setembro, ás 16:30 horas, no multiúsos de Frades. Unha iniciativa financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, polo que o acceso das persoas interesadas será totalmente de balde, sempre que se anoten previamente no Concello de Frades (981 695 567) ou na ONG Mestura (981 662 840).


Esta charla forma parte do programa de actividades formativas que levan a cabo ao longo do ano o Concello de Frades e a ONG Mestura, no que xa participaron máis dun cento de veciños e veciñas de Frades. En total, lévanse impartido catro cursos e charlas de temática moi variada: “Interpretar a factura da luz”, “Manexo de tabletas e móbiles”, “Control do estrés e a ansiedade” e “Filigrana e complementos decorativos do fogar”.