Versión en castellano
Inicio Novas Sesenta veciños e veciñas de Frades inician o Camiño de Santiago a Fisterra, que afrontarán en 4 etapas os sábados dos próximos meses
Sesenta veciños e veciñas de Frades inician o Camiño de Santiago a Fisterra, que afrontarán en 4 etapas os sábados dos próximos meses
Luns, 08 Outubro 2018 00:00

CaminoFisterraUn grupo de 60 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na primeira das catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra, case 90 quilómetros que afrontarán os sábados dos próximos meses, en función da meteoroloxía. Así, este sábado iniciaron a súa andaina na praza do Obradoiro e percorreron os 21 quilómetros que os separaban de Negreira.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, anuncia que a segunda etapa, Negreira-Olveiroa, terá lugar o vindeiro sábado 27 de outubro. Serán un total de 33,4 quilómetros e o autobús do Concello de Frades levará aos participantes ata Negreira e recolleraos en Olveiroa. As persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. O prezo por persoa participante é de 10 euros (xantar non incluído).