Versión en castellano
Inicio Novas Comeza en Frades a segunda edición do curso de confección e patronaxe
Comeza en Frades a segunda edición do curso de confección e patronaxe
Martes, 23 Outubro 2018 00:00
CosturaFradesUnha ducia de veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de costura, no que adquirirán coñecementos básicos sobre as diversas técnicas de confección e patronaxe. Un curso de nove meses de duración e que dá continuidade ao que tivo lugar o pasado mes de xullo. As sesións terán lugar todos os xoves, en horario de tarde, no multiúsos de Frades. O curso está incluído no programa de actividades do Concello de Frades para este outono-inverno.