Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades súmase á campaña "Tan diferentes como iguais" de Down Galicia
O Concello de Frades súmase á campaña "Tan diferentes como iguais" de Down Galicia
Xoves, 21 Marzo 2019 10:57

sindromedownO Concello de Frades súmase hoxe xoves 21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down, á campaña "Tan diferentes como iguais", promovida por Down Galicia. Unha campaña que busca poñer en valor o concepto da diferencia e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.


Por iso, dende o Concello de Frades convidámoste a visualizar este vídeo divulgativo: "Síndrome de Down. Guía rápida", que explica de xeito moi sinxelo e visual que é a síndorme de Down. A maiores, a rapazada do CPI Ponte Carreira tamén se sumará á actividade, proxectando este mesmo vídeo. Máis información: Down Galicia.