Versión en castellano
Inicio Novas Unha trintena de veciños e veciñas asisten a unha charla informativa sobre sucesións e herdanzas organizada polo Concello de Frades
Unha trintena de veciños e veciñas asisten a unha charla informativa sobre sucesións e herdanzas organizada polo Concello de Frades
Luns, 01 Abril 2019 12:54

SucesionsHerdanzas2Unha trintena de veciños e veciñas de Frades asistiron o pasado venres 29 de marzo a unha charla informativa sobre sucesións e herdanzas, organizada polo Concello de Frades no edificio multiúsos de Cimadevila e impartida pola avogada Ana López Giráldez. Ao acto asistiu o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa.