Versión en castellano
Inicio Novas O Atlético Frades proclámase campión da XIII Liga Local de Fútbol Sala de Frades
O Atlético Frades proclámase campión da XIII Liga Local de Fútbol Sala de Frades
Martes, 14 Maio 2019 00:00

CampionseFinalistaO equipo do Atlético Frades proclamouse campión da XIII Liga Municipal de Fútbol Sala de Frades 2019 logo de vencer por un contundente 7-1 ao conxunto do Moar. O Atlético Frades representará deste xeito ao Concello de Frades no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se xogará o sábado 25 de maio en Arzúa.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de facer entrega dos premios aos catro primeiros clasificados do torneo: Atlético Frades, Moar, Gafoi-Aiazo e Sociedade Deportiva. Ademais, entregou os trofeos ao porteiro menos goleado (Pablo, do Gafoi-Aiazo) e ao máximo goleador (Lin, do Atlético Frades).