Versión en castellano
Inicio Novas A XXII Festa dos Maiores do Concello de Frades reuniu hoxe a máis de 550 veciños e veciñas na carballeira de San Nicolao
A XXII Festa dos Maiores do Concello de Frades reuniu hoxe a máis de 550 veciños e veciñas na carballeira de San Nicolao
Sábado, 25 Maio 2019 00:00

Festamaiores2019Máis de 550 veciños e veciñas participaron na XXII Festa dos Maiores de Frades, celebrada como todos os anos o derradeiro sábado de maio na carballeira de San Nicolau (Frades). Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e polo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa. Ambos estiveron acompañados polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño, polo fillo predilecto do Concello de Frades, José María Botana; e por concelleiros e concelleiras dos distintos grupos municipais.

O tempo acompañou e a festa comezou ás 13:00 horas cunha misa, que deu paso a unha primeira actuación do grupo Eva e Camilo. Despois tivo lugar o xantar de confraternidade, servido polo restaurante Casa Taboada (Touro). Como é habitual, o menú estivo composto por empanada, polbo e carne asada, con tarta e xeado de sobremesa. A partir das 16:30 horas, a música correu a cargo dos grupos folclóricos “Sarillo” (Aiazo) e “Pinga de Troula” (Galegos). A última hora da tarde, o Concello renderá homenaxe aos veciños e veciñas maiores de 90 anos que estean presentes na festa.