Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades homenaxea a Asunción López Oubel, veciña da parroquia de Vitre que vén de cumprir 100 anos
O Concello de Frades homenaxea a Asunción López Oubel, veciña da parroquia de Vitre que vén de cumprir 100 anos
Venres, 28 Xuño 2019 00:00

CentenariaVitreO Concello de Frades vén de homenaxear á súa veciña Asunción López Oubel, da parroquia de Vitre, con motivo do seu cen aniversario. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez; o concelleiro de Cultura, Jesús Miguel Prado Cea; e o deputado autonómico Miguel Prado Patiño desprazáronse ata a vivenda de Asunción para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores.


Alcalde, concelleiros e deputado compartiron un tempo coa centenaria e coa súa familia, reunida nunha festa na parroquia que congregou a máis de oitenta persoas, entre familiares, amizades e veciñanza. Asunción López Oubel naceu o 17 de xuño de 1919 no veciño municipio de Mesía. Traballou como labrega case toda a súa vida, pois quedou orfa de pai e nai moi nova. Cando casou desprazouse a Vitre, onde, tras a morte do seu marido, segue vivindo cun dos seus 2 fillos e coa súa filla na casa do lado. Ten 3 netas e 2 netos, así como varios bisnetos/as.