Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades pídelle á Deputación da Coruña que axilice a roza das estradas provinciais que atravesan o municipio
O Concello de Frades pídelle á Deputación da Coruña que axilice a roza das estradas provinciais que atravesan o municipio
Venres, 12 Xullo 2019 00:00

EstradasProvinciaisFradesO alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, púxose en contacto co persoal técnico da Deputación Provincial da Coruña para pedirlles que axilicen a roza nas estradas provinciais DP-3802 Ordes-Ponte Carreira e DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila. Rey Martínez explica que “a maleza impide ver correctamente algúns dos sinais de tráfico e a case inexistente beiravía fai moi perigoso o tránsito de persoas por estas estradas provinciais”.


O alcalde de Frades agarda que “o equipo de Goberno da Deputación Provincial solucione canto antes esta situación, que está causando moito molestar e moitas queixas tanto entre os condutores e condutoras como entre os peóns que transitan por estas estradas que conectan o concello de Frades con Ordes e Oroso”.