Versión en castellano
Inicio Novas Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Xoves, 11 Xullo 2019 00:00

CursoMobilesFradesUnha quincena de veciñas de Frades participan estes días nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que teñen lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.


O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á sesión inaugural e explicoulle ao alumnado que a gratuidade do curso é posible grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. O curso rematará o vindeiro luns 22 de xullo.

 

Manipulación de alimentos

 

Así mesmo, o Concello de Frades e a ONG Mestura convocan un novo curso formativo de manipulación de alimentos. Un curso gratuíto e dirixido exclusivamente a mulleres, xa que está integrado no Programa Neneiras, unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover a igualdade e a integración social da muller no mundo rural.

 

O curso terá lugar no multiúsos de Frades nun horario e data por confirmar coas mulleres asistentes, que deberán anotarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.