Versión en castellano
Inicio Novas Frades celebra o Día do Neno e da Nena
Frades celebra o Día do Neno e da Nena
Martes, 30 Xullo 2019 00:00

20190730_diainfancia_frades (1)Varios centos de persoas celebraron na piscina municipal de Frades o Día do Neno e da Nena, organizado polo Concello. Algunhas das principais atraccións da festa foron os xogos inchables acuáticos colocados na piscina e tamén os inchables terrestres, así como as sesións de xogos populares e a piscina de patiños.


A media tarde tivo un amplo seguimento o espectáculo de maxia e animación musical con Bob Esponxa e o Mago Píter, que actuaron na zona verde do recinto da piscina. Despois repuxeron forzas cunha merenda e para o remate da xornada aínda quedaba unha considerable dose de diversión coa lanzadeira de escuma.