Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades asfalta os accesos á área recreativa da Presa (Ledoira)
O Concello de Frades asfalta os accesos á área recreativa da Presa (Ledoira)
Xoves, 18 Xullo 2019 00:00

O Concello de Frades vén de acondicionar os accesos á área recreativa da Presa, na parroquia de Ledoira), un tramo de setecentos metros de longo e 4 de ancho nos que investiu preto de 11.000 euros. Os traballos consistiron na reparación das fochancas deste viario para a posterior mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma.

Asímesmo, procedeuse á canalización de oito metros de taxea de formigón de 40 centímetros de diámetro para a correcta drenaxe lonxitudinal e vertical da zona, así como mellora da sinalización vertical coa instalación dun sinal de Stop. Uns traballos incluídos no Plan Único de Concellos 2018 e que o Concello de Frades complementou cunha serie de melloras na propia área recreativa.

 

O concelleiro de Infraestruturas e Obras, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “instalamos un par de novas luminarias de maior eficiencia enerxética e reparamos a pasarela de madeira, que rompera pola caída dunha árbore nos temporais da pasada primavera”. Unha actuación que está a completar esta semana Augas de Galicia quen, a petición do Concello de Frades, procedeu tamén á retirada das árbores caídas sobre a presa.

 

Así mesmo, o Concello de Frades realizou tamén actuacións de acondicionamento e mantemento da área recreativa da Presa, así como no resto de áreas recreativas do municipio, co obxectivo de que estivesen listas para recibir á veciñanza e visitantes durante estes meses de verán.