Versión en castellano
Inicio Novas A S.E. Abellá gaña a primeira edición do Trofeo Concello de Frades
A S.E. Abellá gaña a primeira edición do Trofeo Concello de Frades
Mércores, 28 Agosto 2019 10:05
TorneoConcellodeFradesA S.E. Abellá levouse a primeira edición do Trofeo Concello de Frades de fútbol, disputada o pasado domingo no campo municipal da Chousa, tras derrotar aos locais da SD Ponte Carreira por un contundente 3-0. Un torneo que tivo lugar por primeira vez e que reuniu aos dous equipos federados do municipio. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de entregar os trofeos para os dous conxuntos.