Versión en castellano
Inicio Novas Unha quincena de veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla sobre medidas para aforrar na factura da luz
Unha quincena de veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla sobre medidas para aforrar na factura da luz
Luns, 30 Setembro 2019 00:00

CharlaEnerxiaFradesUnha quincena de veciñas e veciños de Frades asistiron a un obradoiro da Escola de Enerxía da Fundación Naturgy, que foi introducida polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra. Durante hora e media, os veciños e veciñas de Frades recibiron información sobre posibles medidas de aforro enerxético e resolveron as súas dúbidas sobre as súas respectivas facturas.

Portos Bra aproveitou tamén para presentar un novo curso formativo preparado polo Concello de Frades. Trátase dun Curso de Xardinería de 16 horas no que se impartirán as primeiras nocións e principios para deseñar, instalar e manter o noso xardín. Terá lugar no multiúsos de Frades unha vez que se forme grupo de 25 alumnos/as. O prezo é de 20 euros e as inscricións poden realizarse na casa do concello ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663.