Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades abre este sábado a renovada piscina municipal de Papucín
O Concello de Frades abre este sábado a renovada piscina municipal de Papucín
Xoves, 18 Xuño 2009 00:00

O alcalde, Miguel Prado, presidirá o acto de inauguración que contará cunha festa de hinchables acuáticos para os máis pequenos


Piscina Municipal

 

 

 

Piscina Municipal

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, inaugurará este sábado, 20 de xuño, ás 16:00 horas, as melloras levadas a cabo na piscina municipal de Frades, situada na parroquia de Papucín. Unhas melloras realizadas nestes tres últimos meses, grazas á colaboración entre o Concello de Frades e a Deputación da Coruña, e que incluiron a construción da primeira pista de pádel do municipio e unha fonda remodelación do entorno da piscina.

A piscina municipal de Frades abrirá as súas portas este sábado, a partires das 15:00 horas. Unha xornada que está especialmente programada para os veciños máis novos, xa que o Concello de Frades ten preparadas diversas atraccións hinchables e acuáticas instaladas para a ocasión na piscina. Ademais, os veciños e veciñas de Frades poderán disfrutar do novo entorno que rodea a esta instalación, e que foi obxecto dunha profunda remodelación.

Así, o Concello de Frades instalou novos columpios para os pequenos no parque infantil, levantou unha valla de madeira que rodea o vaso da piscina e realizou actuacións de xardinería en todo o entorno, mellorando así tanto a imaxe desta área recreativa como a comodidade dos veciños que a utilicen durante este verán.

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, espera que estas novas instalacións “permitan aos nosos veciños e veciñas disfrutar non só da piscina e da nova pista de pádel, senón desta nova e fermosa área recreativa que será un dos centros de lecer do municipio durante este verán”. Para iso, o Concello de Frades xa ten programadas dúas actividades para os próximos meses, que inclúen cursos de natación e de pádel.