Versión en castellano
Inicio Novas O Concello invita aos rapaces de Frades ao partido entre o Dépor e o Bilbao
O Concello invita aos rapaces de Frades ao partido entre o Dépor e o Bilbao
Mércores, 20 Xaneiro 2010 10:19

O Concello de Frades ofrécelles aos rapaces e rapazas do municipio, entre os 8 e os 16 anos, a posibilidade de asistiren ao partido de fútbol que terá lugar este sábado 23 de xaneiro, ás 22:00 horas, entre o R. C. Deportivo de A Coruña e o Atlétic de Bilbao no estadio de Riazor (A Coruña). Unha visita gratuita para a que é necesario anotarse no Concello de Frades (981 69 55 67) antes das 12:00 horas deste venres 22 de xaneiro. 

 

Esta viaxe será posible grazas ao convenio de colaboración que o Concello de Frades ten co RC Deportivo de A Coruña, e que permite a asistencia a varios encontros durante toda a temporada como o acontecido o pasado mes de novembro coa visita do Atlético de Madrid.

 

Exhibición de patinaxe

 

Por outra banda, o pavillón municipal de Pontecarreira acollerá mañá xoves 21 de xaneiro, ás 18:00 horas, unha exhibición de patinaxe artística. Unha demostración aberta a todos os veciños e veciñas de Frades e que servirá como presentación do curso de iniciación á patinaxe, que comezará a impartirse o vindeiro 28 de xaneiro. Este curso, de caro meses de duración e que se impartirá na Pontecarreira todos os xoves ás 18:00 horas, ten un custe de 30 euros.