Versión en castellano
Inicio Novas O aula de informática de Frades incorpora seis novos equipos grazas a un convenio coa Deputación
O aula de informática de Frades incorpora seis novos equipos grazas a un convenio coa Deputación
Luns, 15 Marzo 2010 19:18

O Concello de Frades vén de renovar a súa aula de informática coa incorporación de seis novos e modernos equipos, así como de cinco novas pantallas planas para os ordenadores. Uns novos equipos subvencionados ao abeiro do programa de dotación de aulas de informática da Deputación Provincial da Coruña. 

 

 

Os veciños e veciñas de Frades poderán utilizar en breve estes novos equipos informáticos, xa que o Concello de Frades ten a intención de convocar en febreiro unha nova edición dos seus cursos de iniciación á informática. Un curso no que participaron un total de 18 veciños e veciñas de Frades, oito adultos e dez nenos, entre os meses de marzo e abril de 2009.