Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades convoca o concurso de postais de Nadal
O Concello de Frades convoca o concurso de postais de Nadal
Mércores, 10 Novembro 2010 19:46

O Concello de Frades convoca unha nova edición do Concurso de Postais Navideñas, que este ano presenta a novidade de que se establecen dúas categorías: infantil (de 3 a 10 anos) e xuvenil (de 11 a 16 anos), e non unha como viña sendo costume ata o de agora. As dúas postais gañadoras serán escollidas polo Concello de Frades para felicitar o Nadal aos seus veciños e veciñas.

 

 

Ao igual que na edición de 2009, o concurso estará aberto non só a rapaces e rapazas de Frades, senón tamén a todos aqueles que estudien no municipio. O tema da postal será, obviamente, o Nadal e o tamaño deberá ser de medio folio, en formato horizontal ou vertical. A técnica e os materiais a empregar quedan ao gusto dos rapaces.

 

As postais deberán entregarse no Concello de Frades antes do vindeiro luns 22 de novembro, indicando no exterior a categoría na que se participa. Os traballos non poderán ir asinados nin levar o nome do autor, xa que deberán ser entregadas nun sobre pechado acompañado dentro doutro sobre máis pequeno no que constarán os datos do neno ou nena (nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto). Os premios para os gañadores serán unha cámara dixital (para a categoría xuvenil) e un MP4 (para a categoría infantil).