Versión en castellano
Inicio Novas O concello de Frades conclúe con éxito un curso de prevención de riscos laborais na construcción
O concello de Frades conclúe con éxito un curso de prevención de riscos laborais na construcción
Xoves, 19 Setembro 2013 13:38

O Concello de Frades conclúe esta semana un curso de Prevención de Riscos Laborais no Sector da Construción, no que participaron sete alumnos. Trátase dun curso homologado pola Fundación Laboral da Construción, que lles permite aos alumnos solicitar a Tarxeta Profesional da Construción.

 

fradesriscoslaboraisEste curso formativo desenvolveuse en catro xornadas en horario de tarde. As clases impartíronse multiusos de Frades, a carón da Casa do Concello. Nelas expuxéronse os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, así como os riscos xerais do traballo e o xeito de prevenilos. Tras esta primeira introdución, os cursillistas adentráronse nos riscos especiais do sector da construción, na súa prevención e en como xestionalos. O programa incluiu tamén unhas nocións esenciais sobre primeiros auxilios.