Versión en castellano
Inicio Novas Máis de 500 veciños e veciñas participaron na festa do Día do Neno de Frades, con inchables, tren turístico, xogos, maxia e festa da escuma
Máis de 500 veciños e veciñas participaron na festa do Día do Neno de Frades, con inchables, tren turístico, xogos, maxia e festa da escuma
Martes, 12 Xullo 2016 12:30

2016DiadoNenowebMáis de cincocentos veciños e veciñas participaron do Día do Neno, organizado polo Concello de Frades e que tivo lugar na piscina municipal de Papucín na tarde deste sábado. O tempo acompañou durante toda a tarde, o que animou a moitas familias a achegárense ata a piscina municipal.


 

 

 

 

2016DiadoNeno2webA forte calor fixo que os inchables acuáticos e, en xeral, a piscina fora a actividade máis demandada. Incluso houbo momentos nos que había tantas persoas adultas como nenos e nenas na piscina, mesmo establecéndose unha gran “batalla” de balón prisioneiro entre rapazada e maiores. Co paso do tempo tamén foron gañando en usuarios e usuarias os inchables en terra e os divertidos xogos populares de “Obradoiro de xogos”, dispostos a carón da cafetería da piscina e á sombra, polo que foron un refuxio tanto para os pequenos e pequenas coma para maiores.

 

Os máis pequenos desfrutaban por último ano da piscina portátil para bebés, xa que o Concello de Frades ten previsto iniciar as obras de construción da nova piscina de batuxada no mes de setembro, unha vez rematada a temporada estival. Outra das atraccións que segue a ser das máis demandadas é o tren turístico, que non deixou de dar voltas polo municipio cheo de veciños e veciñas en ningún momento.

 

Actuación e bocata

 

2016DiadoNeno3webÁs 18:00 horas, o mago Dani representou o seu premiado espectáculo “Don Gelati”, unha divertida combinación de humor e maxia na que tomaron parte moitos dos nenos e nenas presentes. Ao rematar a actuación, todos repuxeron forzas grazas ao obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha iniciativa da Xunta de Galicia na que os rapaces e rapazas coñeceron as vantaxes das conservas do mar e tiveron a oportunidade de elixir os ingredientes para faceren os seus bocatas totalmente de balde. O Concello de Frades puxo as augas frescas. A festa pechouse coa tradicional Festa da Escuma.