Versión en castellano
Inicio Novas Comezan os “Xoves de praia” do Concello de Frades con 55 participantes
Comezan os “Xoves de praia” do Concello de Frades con 55 participantes
Venres, 15 Xullo 2016 15:16

PraiaFradeswebUn total de 55 veciños e veciñas de Frades participaron onte no “Xoves de praia”, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que se desenvolverá todos os xoves de xullo e agosto. Os veciños e veciñas, recollidos en autobús polas distintas parroquias, trasladáronse ata a praia de Boiro acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ánxeles Álvarez.

 

As viaxes poderanse reservar por días ou por meses completos, pero sempre antes do martes anterior á viaxe no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567. Seguindo coa súa política de fomentar o empadroamento no municipio, o Concello de Frades ofrece importantes descontos para persoas empadroadas: 7 euros por día e 25 euros por mes completo, fronte aos 10 euros por día e 32 euros por mes completo das non empadroadas. Os nenos e nenas menores de 12 anos teñen un prezo especial de 5 euros/día.