Versión en castellano
Inicio Novas Comeza a segunda quenda dos campamentos de verán do Concello de Frades, nos que participan 25 nenos e nenas
Comeza a segunda quenda dos campamentos de verán do Concello de Frades, nos que participan 25 nenos e nenas
Martes, 26 Xullo 2016 00:00

ConciliacionFradeswebHoxe martes deu comezo a segunda quenda dos campamentos municipais de verán do Concello de Frades, no que participan un total de 25 nenos e nenas maiores de 4 anos. Uns campamentos que se desenvolverán ata o 8 de agosto, en horario de 9:30 a 13:30 horas, no CPI Ponte Carreira, con traslados puntuais a outras instalacións municipais como a piscina de Papucín ou o campo de fútbol de Abellá.

 

 

 

Os campamentos inclúen xogos, obradoiros, sesións de cociña, xardinería, sendeirismo, cancións, bailes e visitas á piscina de Papucín. Ademais, están previstos obradoiros de pulseiras, cupcakes, cociña e traballos manuais, deporte, actividades en inglés... así como dúas Festas de Fin de Quenda, a primeira das cales tivo lugar o pasado venres e á que asistiron o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos. Os campamentos son unha iniciativa de conciliación da vida familiar e laboral organizados polo Concello de Frades, en colaboración coa Deputación da Coruña.