Versión en castellano
Inicio Novas 63 nenos e nenas de Frades participan na excursión ao Aquapark de Cerceda
63 nenos e nenas de Frades participan na excursión ao Aquapark de Cerceda
Luns, 01 Agosto 2016 00:00

visitaaquapark2016Un total de 63 nenos e nenas de Frades participaron nunha excursión ao Aquapark de Cerceda organizado polo Concello de Frades dentro do seu programa de verán. O Concello de Frades subvencionou o transporte e contou coa colaboración do Concello de Cerceda.

Así mesmo, o Concello de Frades ten outras dúas excursións infantís máis programadas para este mes de agosto. A primeira terá como destino a localidade de Porto do Son o próximo luns 8 de agosto, dentro do programa “O sabor da aventura está no mar” da Consellería do Mar. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663) antes deste mércores 3 de agosto.

 

Os pequenos sairán ás 9:00 horas da casa do concello para visitar a lonxa e o porto de Porto do Son. Posteriormente, os cativos coñecerán a nave de redeiras e o museo da localidade barbantina, previo a un catering con produtos do mar no Club Náutico de Porto do Son, xa que o obxectivo da campaña é que os nenos e nenas coñezan e consuman produtos do mar de Galicia, ademais de incidir na importancia de incluir pratos elaborados con peixe e marisco nas súas dietas alimenticias.

 

E para o 12 de agosto está visita unha excursión infantil aos muíños da Barosa (Barro-Poio), que inclúe unha visita etnolóxica polos muíños da Barosa, un obradoiro de pan e unha visita a Combarro. Neste caso, o Concello de Frades subvencionará o transporte e parte da actividade, polo que o prezo será de 15 euros para empadroados (20 para non empadroados), xantar incluído. As inscricións deberán realizarse no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663) antes do mércores 3 de agosto.