Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos de 3 a 14 anos a Porto do Son
O Concello de Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos de 3 a 14 anos a Porto do Son
Venres, 29 Xullo 2016 00:00

sabordomarwebO Concello de Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos e nenas de 3 a 14 anos que terá lugar o próximo luns 8 de agosto e que terá como destino o municipio de Porto do Son. Trátase dunha iniciativa totalmente de balde, xa que está financiada pola Consellería do Mar a través do programa “O sabor da aventura está no mar”, pero é necesario anotarse antes do 3 de agosto no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663).

 

A actividade inclúe traslado en autobús dende o Concello (saída ás 9:00 horas) para coñecer a lonxa, o porto, a nave de redeiras e o museo de Porto do Son. A mediodía haberá un almorzo a base de produtos do mar no Club Náutico para despois volver a Frades. O obxectivo desta campaña é que os nenos e nenas coñezan e consuman produtos do mar de Galicia, ademais de incidir na importancia de incluir pratos elaborados con peixe e marisco nas súas dietas alimenticias.