Versión en castellano
Inicio Novas Ábrese o prazo para solicitar a participación nos cursos preparatorios para o Celga 2
Ábrese o prazo para solicitar a participación nos cursos preparatorios para o Celga 2
Mércores, 17 Agosto 2016 10:00

O Concello de Frades informa de que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes abriu o prazo para solicitar a participación en cursos de lingua galega preparatorios para as probas do nivel Celga 2. As solicitudes poden presentarse ata o 15 de setembro.

Nesta convocatoria poden inscribirse persoas maiores de dezaseis anos de idade. A solicitude debe ir acompañada dunha copia cotexada do DNI.

O curso desenvolverase entre o 19 de setembro e o 3 de novembro, os luns, martes e xoves de 10 a 12 horas.

As clases terán lugar nas instalacións do Concello da Mancomunidade que compute o maior número de solicitudes.

Para obter máis información sobre esta convocatoria, pódese chamar aos teléfonos 981 69 55 67 ou 981 69 56 63.