Versión en castellano
Inicio Novas O Concello pide desculpas polas molestias no servizo de auga
O Concello pide desculpas polas molestias no servizo de auga
Xoves, 01 Setembro 2016 13:21
O Concello pide desculpas polas molestias ocasionadas aos usuarios do servizo municipal de abastecemento de auga desde o pasado sábado ata onte mércores.
O problema debeuse a un fallo no bombeo da estación de tratamento de auga potable (ETAP). O sábado, o domingo e o luns, sobre todo, algunhas vivendas de Gafoi e Aiazo tiveron problemas de turbidez na subministración. Noutras zonas do municipio producíronse interrupcións no servizo.

O Concello e a empresa concesionaria traballaron na solución do problema desde o mesmo momento en que se produciu. Onte mércores, o funcionamento do servizo quedou totalmente restablecido.

O Concello agradece a comprensión e recomenda chamar ao consistorio (981 69 55 67) para calquera dúbida.