Versión en castellano
Inicio Novas Catro viais mellorados co Plan Marco en Frades
Catro viais mellorados co Plan Marco en Frades
Venres, 02 Setembro 2016 12:35

fradespistawebCatro viais do Concello de Frades víronse beneficiados por un investimento de 79.105 euros, dentro do Plan MARCO de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrogandeiras, impulsado pola Xunta de Galicia.

As pistas melloradas son a que comunica os lugares de Tañoi con Marís, na parroquia de Abellá, a que vai ao Consello (Papucín), a que une Vitre con Aboi pasando por Céltigos, e o camiño da Chousa de Atrás, na parroquia de Ledoira.

 

Próximo inicio do POS

Todas estas obras xa están rematadas e nas vindeiras semanas darán comezo os proxectos incluídos no Plan de Obras e Servizos (POS) 2016, que recolle investimentos por valor de 157.004 euros. O POS está distribuído en dous proxectos. Un deles, orzamentado en 91.531 euros, recolle a mellora do camiño desde Receá (Ledoira) ata Pontebrates (Añá), que será rebacheado e dotado de aglomerado, e o camiño que vai desde a estrada autonómica AC-524 en Abellá ata Caboladrón (Mesos), ao que tamén se lle aplicará aglomerado.

 

O outro proxecto do POS, cun orzamento de 65.473 euros, contempla a reparación dos accesos a Sibío (Gafoi), os accesos á Ponte Carreira (Gafoi), unha pista e os accesos en Vilar (Ledoira), os accesos a Ribadas (Ledoira), os accesos a San Paio (Añá), os accesos á praza pública e ao aparcadoiro de Añá, e un bacheo na pista que comunica a Camposa coa Chousa de Atrás (Ledoira).