Versión en castellano
Inicio Novas Un total de 48 veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Asturias
Un total de 48 veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Asturias
Luns, 12 Setembro 2016 12:11

ViaxeFradesCovadongawebUn total de 48 veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Asturias organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar este sábado 10 de setembro. Unha excursión na que os fradenses se repartiron en dous grupos: uns descenderon o río Sella en Canoa mentres outros visitaban Covadonga.


A expedición saíu de Frades ás 7:30 da mañá deste sábado, encabezada polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. Unha vez en Asturias, a expedición dividiuse en dous grupos: un primeiro grupo de 16 veciños fixo o descenso en canoa do río Sella, dende Arriondas. O segundo grupo trasladouse ata o santuario da Virxe de Covadonga e os seus famosos lagos de montaña. Tras xantar con comida levada da casa por cada unha das persoas participantes, a expedición volveu pola tarde a Frades.

 

Esta é a primeira das dúas viaxes programadas polo Concello de Frades para este mes de setembro. A segunda terá lugar do 16 ao 18 de setembro e terá como destino as vilas de Madrid e Toledo, así como unha visita ao parque de atraccións da Warner para as familias con nenos e nenas.