Versión en castellano
Inicio Novas Comeza en Frades un curso de Plantas Aromáticas e Medicinais con 21 participantes
Comeza en Frades un curso de Plantas Aromáticas e Medicinais con 21 participantes
Martes, 20 Setembro 2016 12:04

PlantasAromaticaswebUn total de 21 veciños e veciñas de Frades participan na primeira edición do Curso de Plantas Aromáticas e Medicinais, organizado polo Concello de Frades. Un curso de 16 horas lectivas e que se celebrará no multiúsos municipal durante catro sábados, en horario de 10:00 a 12:00 horas.


 

O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, participou o pasado sábado na sesión inaugural do curso e desexoulles aos alumnos e alumnas que aproveiten as próximas sesións para coñeceren os principios activos e as partes útiles de plantas coma o perexil, o romeu, o tomiño, a menta, a salvia, o ourego, a albáfega... Ademais, o alumnado non só aprenderá os usos e aplicacións destas plantas aromáticas e medicinais, senón tamén os métodos de cultivo, recolección e conservación.