Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades inviste máis de 79.000 euros no arranxo de varias estradas do municipio
O Concello de Frades inviste máis de 79.000 euros no arranxo de varias estradas do municipio
Venres, 30 Setembro 2016 00:00

caminomariswebO Concello de Frades vén de investir un total de 79.104,60 euros no arranxo de cinco pistas municipais, ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Explotacións Agrarias PDR de Galicia 2014-2020. Uns arranxos que beneficiarán directamente aos veciños e veciñas das parroquias de Abellá, Papucín, Vitre, Céltigos e Ledoira.


Entre as obras realizadas figuran o arranxo do camiño de Tañoi a Marís (Abellá), o camiño de Consello (Papucín), unha pista entre Vitre e Aboi (Vitre e Céltigos), o acceso á Granxa en Aboi (Céltigos9 e o camiño de Chousa de Atrás (Ledoira).