Versión en castellano
Inicio Novas Oito veciños e veciñas de Frades obteñen o carné de manipulación de alimentos
Oito veciños e veciñas de Frades obteñen o carné de manipulación de alimentos
Xoves, 20 Outubro 2016 12:19

manipulacionalimentos2016webOito veciños e veciñas de Frades participaron nun curso de manipulación de alimentos, de tres horas presenciais, organizado polo Concello de Frades, co que obtiveron unha credencial imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos (bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e peixes, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio…).


O alumnado aprendeu temas relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Ademais, analizaron os métodos para conservar os alimentos e os riscos que supón a súa alteración. Nestes últimos seis anos xa son 100 os veciños e veciñas de Frades que obtiveron ou renovaron o carné de manipulación de alimentos, polo que o Concello de Frades organiza unha nova sesión este outono-inverno que comezará en canto se reúna grupo.