Versión en castellano
Inicio Novas Entregados os premios do III Concurso de Tapas do Concello de Frades
Entregados os premios do III Concurso de Tapas do Concello de Frades
Luns, 26 Decembro 2016 00:00

entregapremioacovinawebO alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, fixeron entrega dos premios do III Concurso de Tapas de Frades, que tivo lugar a principios de mes. Rey Martínez e Portos Bra desprazáronse ata Ponte Carreira para entregarlle o premio de 300 euros e unha placa conmemorativa a Chelo Castro Méndez, da Adega A Coviña, como gañadora do certame grazas ás súas tapas “Polbo con cogomelos” e “Espetada a Coviña”.


Acto seguido, alcalde e concelleiro cruzaron a rúa para entregar o segundo premio a Xulio Espiñeira Vilariño, do Bar Vilariño, que por terceiro ano consecutivo acadou esta distinción de 150 euros e placa conmemorativa. Un premio logrado grazas ao seu “Compango de raxo”. Finalmente, Roberto Rey e Juan Carlos Portos entregaron na Casa do Concello os premios ao público participante, onde Álex López Valiño (Frades) gañou unha cea para dúas persoas no restaurante Casa Vella; e Sandra Gómez Silva (O Pino) levou un circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Compostela (Brión).

 

Roberto Rey amosouse moi satisfeito co desenvolvemento deste concurso xa que “a promoción de Frades é unha das prioridades deste equipo de Goberno e este tipo de concursos son un modo moi interesante para darnos a coñecer, pois durante eses días son centos de persoas as que nos visitan para degustar as propostas do noso sector hostaleiro”. Por iso, o alcalde agradeceu o traballo realizado polos seis locais participantes: café-bar O noso mesón, Adega A Coviña, Bar Vilariño e Taberna “O Mesón” (Ponte Carreira), hostal-restaurante O Cadaval (Ledoira)  e Casa Vella (Abellá).