Versión en castellano
Inicio Novas Máis de 60 veciños e veciñas participaron na Xornada en Familia do Concello de Frades
Máis de 60 veciños e veciñas participaron na Xornada en Familia do Concello de Frades
Martes, 27 Decembro 2016 00:00

FestaNadalwebMáis de sesenta veciños e veciñas, na súa maior parte nenos e nenas, participaron na Xornada en Familia programada polo Concello de Frades no seu Programa de Nadal. Unha gran festa con maxia, obradoiros e merenda que tivo lugar no multiúsos de Frades e que contou coa participación do alcalde, Roberto Rey Martínez. Máis fotos no noso Facebook.


A xornada comezou coa actuación do Mago Román, que ofreceu un espectáculo cheo de humor e no que as nenas e os nenos de Frades puideron vivir o mundo da maxia en primeiro plano. Despois, Vagalume Ocio e Tempo Libre ofreceu dous obradoiros de Nadal: un de chapas e outro de realización de adornos de Nadal. A festa rematou cunha merenda para todos os presentes.