Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra mañá mércores a súa Cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de Ponte Carreira
O Concello de Frades celebra mañá mércores a súa Cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de Ponte Carreira
Martes, 03 Xaneiro 2017 16:56

reis2016O Concello de Frades celebrará mañá mércores 4 de xaneiro a súa Cabalgata de Reis, que terá lugar na localidade de Ponte Carreira entre as 16:00 e as 20:00 horas. A Cabalgata de Reis desfilará a partir das 16:00 horas polo núcleo urbano de Ponte Carreira repartindo caramelos e acompañada pola música do grupo Sarillo (Aiazo) e disfraces de personaxes infantís.


Despois, o desfile encamiñarase pola estrada AC-3802 cara o pavillón polideportivo municipal de Ponte Carreira, onde a partir das 17:00 horas terá lugar unha gran Festa de Reis. Ademais da tradicional recepción ás Súas Maxestades, no pavillón celebrarase unha festa con inchables, animación, bailes, xogos, obradoiros, mascotas, reparto de lambonadas... Tamén haberá chocolate con roscón de Reis para todos os asistentes.

 

A Cabalgata de Reis é unha iniciativa do Concello de Frades, que conta coa colaboración da ANPA do CPI de Ponte Carreira e da asociación folclórica Sarillo de Aiazo.