Versión en castellano
Inicio Novas Corenta veciños e veciñas de Frades gozaron dunha xornada de cine e birlos en Marineda City
Corenta veciños e veciñas de Frades gozaron dunha xornada de cine e birlos en Marineda City
Venres, 30 Decembro 2016 00:00
ViaxeMarinedawebCorenta veciños e veciñas, na súa maior parte nenos e nenas, participaron nunha saída á cidade da Coruña programada polo Concello de Frades dentro do seu Programa de Nadal. Unha xornada na que veciños e veciñas se desprazaron ata o centro comercial Marineda City, onde xantaron e pasaron o día de compras, xogando aos birlos e asistindo á proxección dunha película.