Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, que terán lugar nas tardes dos martes do mes de marzo
O Concello de Frades organiza catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, que terán lugar nas tardes dos martes do mes de marzo
Mércores, 01 Febreiro 2017 00:00

balneariocompostelaO Concello de Frades convoca catro xornadas dedicadas á saúde nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión), que terán lugar todos os martes do próximo mes de marzo. Os veciños e veciñas empadroadas en Frades que desexen participar deberán anotarse no Concello ou no teléfono 981 695 567 a partir do 13 de febreiro. Como en anos anteriores, a admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.


O prezo de inscrición mantense nos 40 euros por persoa, xa que o Concello de Frades subvenciona o 70% do custo da iniciativa. Ademais, o Concello de Frades porá á disposición da veciñanza un autobús que recollerá ás persoas participantes polas distintas parroquias do municipio, con saída da Garabanxa ás 15:00 horas dos martes 7, 14, 21 e 28 de marzo.

 

Pola súa banda, os veciños e veciñas deberán levar das súas casas traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina. Nas sesións desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.